Turismo de Galicia potencia os recursos turísticos da Pobra do Brollón mediante o apoio á ruta da castaña e do mel
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou a Ruta da Castaña e do Mel da Pobra do Brollón, que contou cunha achega de 39.500 euros por parte da Consellería de Cultura e Turismo para mellorar a súa accesibilidade e sinalización. O proxecto tivo un orzamento total de 60.700 euros e permitiu acondicionar o percorrido e dotalo de 98 sinais, frechas indicativas e paneis informativos.