21 xan 2019

A Xunta valora a suma de esforzos para mellorar a peregrinación con iniciativas como a nova tarxeta prepago de Correos na ru

Presentaciön da tarxeta prepago de Correos.

 O director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou na presentación, a cargo do director territorial de Correos, Ángel Pérez, da nova tarxeta para o Camiño de Santiago impulsada por esta entidade coa intención de facilitar aos peregrinos o manexo do seu diñeiro durante o seu percorrido polo Camiño de Santiago. Durante o acto, Rafael Sánchez destacou a importancia de iniciativas como esta para seguir facendo do Camiño de Santiago “unha experiencia viva e dinámica”. Un obxectivo compartido, recordou, coa Consellería de Cultura e Turismo que, da man do Plan Director do Camiño de Santiago, traballa de maneira constante para mellorar a atención ao peregrino, coidar e manter todos os itinerarios e divulgar o fenómeno xacobeo.

“O ano pasado recibimos máis de 327.000 peregrinos, case un 9% máis que o ano anterior e neste contexto é clave a posta en marcha de iniciativas que axuden a seguir mantendo a excelencia na experiencia da peregrinación”, indicou. O director-xerente do Xacobeo agradeceu a Correos o seu intenso traballo e disposición a favor do Camiño de Santiago con sensibilidade e un extenso apoio a múltiples iniciativas de difusión e promoción, especialmente coas asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outros colectivos xacobeos.

 

Arriba