10 ago 2021

Turismo de Galicia colabora con “Estrelas no Camiño de Santiago”, que exalta o potencial gastronómico da Comunidade galega

 O potencial enogastrónomico de Galicia e a súa asociación cos profesionais de recoñecido prestixio da cociña centrou a nova edición da acción gastronómica solidaria Estrelas no Camiño de Santiago, impulsada por Casa Barqueiro en colaboración coa Xunta no marco da programación do Xacobeo 21-22.

 
Alberto Núñez Feijóo, cos cociñeiros na Praza do Obradoiro.

O Camiño de Fisterra Muxía, a vila de Negreira e a Cidade de Santiago foron os escenarios do evento solidario que este ano volveu a destinar os fondos obtidos a Cáritas Santiago, co dobre obxectivo de favorecer esta causa solidaria ao tempo que se pon en valor o potencial da cociña e dos recursos gastronómicos de Galicia no contexto da celebración deste Ano Santo. 

A Xunta por en valor así o seu apoio institucional para levar adiante esta nova edición de Estrelas no Camiño de Santiago, que reuníu a máis dunha ducia de cociñeiros de renome nacional e internacional que suman 44 estrelas michelin.

A iniciativa Estrelas no Camiño de Santiago desenvolveuse o coa participación de 17 restauradores con estrela michelin, catro deles galegos, que celebraron unha comida solidaria, para a que se puxeron á venda entradas que se esgotaron na súa totalidade.  A comida tivo lugar en Casa Barqueiro, en Negreira, a onde os cociñeiros chegaron despois de percorrer un tramo do Camiño de Fisterra-Muxía á súa entrada en Santiago, onde foron recibidos polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo.

 
Arriba