O Centro Superior de Hostelería de Galicia festexou os seus 25 anos cun foro sobre as oportunidades ante o Xacobeo 21
A terceira edición de Hotelforum, que foi de asistencia gratuíta para público xeral, conmemorará este ano esta efeméride con actos especiais
O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) festexouo seu 25 aniversario no marco da terceira edición de HotelForum, o foro impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo orientado a estudantes e profesionais do sector turístico que este ano afondou nos retos e oportunidades do sector hoteleiro galego de cara ao Xacobeo 2021.
OMuseo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolleu o encontro no que participararon destacados profesionais do sector hoteleiro, moitos deles antigos alumnos do CSHG. Afondaron en cuestións como os desafíos e oportunidades que supón a convivencia dos canais de venda tradicionais ante a chegada do Big Data, a xestión da diversidade cultural e necesidades específicas dos distintos tipos de viaxeiros nos establecementos hoteleiros, a creación de novos modelos que diversifiquen a oferta ou o peso da xestión económica e financeira na toma de decisións da empresa.
Na primeira das mesas redondas –centrada na comercialización hoteleira– contouse coa participación de Berta Gacho, de Meliá; Ainhoa Benavente, de Expedia Partner Solutions: José Enrique Lázaro, de World2meet, e Pablo Guitián, de AC Hotels. Pola súa banda, Lucía Iglesias, de A Quinta da Auga; Héctor López, do Restaurante España; Sergio Delpont, do Restaurante O Sendeiro, e Vanesa Pradera, do Restaurante Lume participaron na mesa que coordinou Andrés Rumbo, experto en recursos humáns do CSHG, sobre a xestión da diversidade nos establecementos hoteleiros.
O programa de relatores completouse con Anxo Rodríguez, do Faro de Corrubedo; Lilian Ferral, do Parador de Monforte de Lemos; Jorge San Martín, do Hotel Monumento San Francisco; Annia Gonzar, do Hotel Bela Fisterra e Hostel Bela Muxía, ou Anxo Bernárdez, de Como en Casa, que afondarán na evolución do produto hoteleiro. No relatorio ao redor da xestión económica e financeira no sector participaron Paula Ferro, do Hotel Santa Justa Lisboa; Francisco Plaza do Parador de Baiona; Ana Domínguez, de Sol Meliá, Fernando Jalón de Reig Capital, e José Luis Sieira, experto en finanzas do CSHG.
A terceira edición do HotelForum estivo dirixida profesionais, estudantes e interesados no sector turístico . A asistencia foi gratuíta, previa inscrición na páxina web do Centro Superior de Hostelería de Galicia e no enderezo info@cshg.es. Os participantes nesta edición puideron conmemorar ademais o 25 aniversario do CSHG, a través da diferentes actividades especiais que están programadas. Así, a partir das 11,30 horas celebrouse un acto central no que se recoñeceu o labor de diferentes cadeas hoteleiras que veñen colaborando nestes últimos anos co Centro Superior de Hostelería de Galicia.
No transcurso do foro tamén se premiou ao propio Centro a quen lle foi entregado o premio Escola de Referencia, que outorga a Asociación Catalá de Xornalistas e Escritores de Economía e Turismo Rede de Xornalistas de Turismo. Houbotamén un xantar de confraternización coa participación de antigo alumnado do CSHG á fronte dos fogóns.