14 out 2019

Galicia reforza a súa promoción como destino en Italia participando na feira profesional TTG Incontri

 A Consellería de Cultura e Turismo tivo un espazo no expositor que representou a España neste encontro deseñado para empresas e profesionais do sector

 
Recinto de Galicia na feira TTG Incontri.

 Galicia reforza a súa presenza no mercado turístico italiano coa súa participación na feira profesional TTG Incontri na que participaron empresas e profesionais do sector.

A Consellería de Cultura e Turismo participou no expositor que representou a España cuxa coordinación corre nesta ocasión a cargo da organización da feira, Italian Exhibicion Group. Galicia presentou desde ese espazo gran parte dos recursos e produtos galegos a operadores turísticos e empresas de servizos de Italia e outros países participantes.

O Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021 tiveron un gran peso na organización, tendo en conta que Italia é, despois de España, o primeiro país do que proceden máis peregrinos segundo os datos da Oficina do Peregrino.

A feira TTG Incontri celebrou este ano a súa 56ª edición na localidade de Rímini e trátase dun encontro en formato B2B, no que só participan empresas e profesionais. Na feira tamén estiveron presentes membros do sector turístico galego por medio dunha misión comercial organizada pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración co Clúster Turismo de Galicia.

A presenza de Galicia en Italia enmarcóuse no traballo levado a cabo neste país que se reforzará coas accións programadas a iniciativa da Xunta de Galicia para que a Oficina da Consellería de Turismo de España en Roma acolla diferentes accións de promoción do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021.

 
Arriba