22 nov 2019

Turismo de Galicia promove o turismo de congresos e de interior nas feiras IBTM World de Barcelona e INTUR de Valladolid

 Mantivo máis de 30 contactos profesionais con operadores turísticos especializados na comercialización de viaxes relacionados coas reunións profesionais

 
Turismo de Galicia tamén presentou na cidade castelá un recinto de promoción de 100 metros cadrados coa oferta da Comunidade e o Camiño de Santiago
 
Galicia estivo presente con recinto propio en INTUR 2019.

O destino turístico Galicia ppresentouse en dous dos mercados turísticos anuais máis importantes de España. Por una parte, a Xunta promoveu o turismo de congresos na feira IBTM World 2019 e por outra, mostrou desde  a oferta turística galega, centrada nos produtos do interior e o Camiño de Santiago no certame INTUR de Valladolid.

Deste xeito, no ámbito do turismo de negocios, a Consellería de Cultura e Turismo participou nunha nova edición da feira profesional de turismo de congresos, reunións e incentivos IBTM, que se celebrou en Barcelona. Nesta ocasión, acudiu cunha axenda de 35 reunións con operadores, axentes e corporates de todo o mundo.

O departamento de promoción turística da Xunta de Galicia participou neste certame profesional con expositores que compartiron o seu espazo dentro do stand de Turespaña. Estes coexpositores son: Santiago de Compostela Convention Bureau, Turismo da Coruña, Abramar DMC, Galicia Meetings & Incentives e o Clúster Turismo de Galicia.

Turismo de interior

Por outra parte, o departamento de Cultura e Turismo promoverá a oferta turística galega e o Camiño de Santiago na XXIII edición da feira INTUR de Valladolid, un certame profesional centrado na oferta do interior que tamén estivo aberto ao público e constitúe unha das feiras turísticas de maior repercusión en España.

Nesta ocasión, Turismo de Galicia dispuxo dun recinto de deseño de 100 metros cadrados desde o que se difundiu a oferta galega, o Xacobeo 2021, o Camiño de Santiago e as experiencias relacionadas coa natureza. O espazo serviu tamén como punto de encontro para os profesionais do sector que visitaron a feira, xa que dentro da mesma celebrouse Intur Negocios, encontro entre a oferta e a demanda turística.

Nesta edición participaron máis de 300 expositores directos e, segundo datos da organización, a feira foi visita por máis de 60.000 persoas, das que máis de  17.00 eran profesionais.

 
Arriba