Nava Castro destaca o éxito dos trens turísticos que rexistran a mellor ocupación da súa historia
A directora de Turismo de Galicia visitou cos viaxeiros do Tren da Ruta do viño das Rías Baixas a adega Pazo de Baión, dentro das actividades previstas neste programa
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que visitou xunta ao director xeral das Adegas Condes de Albarei e Pazo Baión, Javier Zas, e o director comercial de de vendas de RENFE, Luis López Diéguez, a adega do Pazo de Baión destacou o éxito desta nova edición dos Trens tursíticos de Galicia, que ata agora rexistran unha ocupación superior ao 98 %, o que supón o mellor rexistro das oito edicións celebradas ata agora.
Así, a directora de Turismo de Galicia, manifestou tamén a súa satisfación pola consolidación deste programa como un dos produtos turísticos máis importantes do verán en Galicia.
Este ano, os Trens turísticos de Galicia comezaron a funcionar o día 26 de xuño e rematarán o seu funcionamento o día 9 de outubro con once programas distintos, que ofertan 1.532 prazas.
Nesta edición de 2021, mantívose o prezo de 2019, de xeito que o billete para adultos custa 45 euros e 20 o de nenos, , cun 15% de desconto para grupos de 10 ou máis persoas.
Por outra parte, o programa oferta achegamentos gratuítos ás estacións de orixe desde desde as principais cidades de Galicia ao comezo da ruta e que ata hoxe foron utilizados 540 persoas.
Rutas dos trens turísticos
Nesta edición , desde a estación de Santiago de Compostela parten as rutas dos mosteiros, Pazos e xardíns e Ruta do viño das Rías Baixas.
Desde a estación de Pontevedra, este ano parte o Tren da ruta da lamprea, mentes que da de Ourense parten os trens das rutas dos viños da Ribeira Sacra do Sil, Ribeira Sacra do Miño, Ribeiro-Rías Baixas, Valdeorras-Ribeira Sacra e Monterrei.
Desde A Coruña parte o Tren do Camiño de Santiago e desde a estación de Ferrol, o Tren da ruta dos faros.