29 set 2020

Alfonso Rueda destaca os datos de ocupación turística deste verán cunha afluencia 24 puntos mellor que o conxunto de España

 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, xunto co deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez

Alfonso Rueda reiterou a importancia do Xacobeo 2021 como unha oportunidade única para a proxección exterior de Galicia, de maneira que se buscarán e potenciarán proxectos que se prolonguen no tempo
 
O vicepresidente 1º da Xunta, no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino.

 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que Galicia mantivo este verán unha mellor ocupación turística que o resto de comunidades, cun diferencial de 24 puntos mellor que o conxunto do Estado e situándose como a quinta autonomía con máis visitantes. Así, en xullo o número de pernoctacións caeu en España un 73% en xullo e un 64% en España, mentres que a redución en Galicia foi dun 51% e un 40% respectivamente.

Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, xunto co deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez; onde indicou a importancia do Xacobeo 2021 como unha oportunidade única para a proxección exterior de Galicia, de maneira que se buscarán e potenciarán proxectos que se prolonguen no tempo, coa premisa de facer moitos mais actos espallados por toda a xeografía galega.

“A importancia que ten o Camiño de Santiago para a reactivación do turismo é indudable e proba diso é que dende que se reabriron os albergues o 1 de xullo entregáronse en Santiago preto de 40.000 compostelas”, indicou o titular da Vicepresidencia primeira.

Alfonso Rueda lembrou que se porá en marcha o Plan estratéxico da Década Xacobea, unha folla de ruta a seguir para aproveitar o máximo a oportunidade de ter tres Anos Santos nunha década. E tamén que a adaptación do turismo aos novos tempos e a recuperación da súa actividade enmarcase nunha articulación integral do sector turístico galego, nun apoio constante á innovación na promoción da desestacionalización do sector, así como ao impulso do Camiño de Santiago e á reformulación do Xacobeo 2021.

Alfonso Rueda destaca los datos de ocupación turística de este verano con una afluencia 24 puntos mejor que el conjunto de España

El vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, acompañado de la directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitó el Centro Internacional de Acogida al Peregrino, junto con el deán de la Catedral de Santiago, Segundo Pérez

 
Arriba