O Centro Superior de Hostalería de Galicia contará este curso cun Plan de continxencia adaptado á covid-19
Esta institución, na que cursarán os seus estudos 228 alumnos, contempla 3 escenarios diferentes para impartir docencia en función da evolución da situación sanitaria
Un total de 228 alumnos recibirán este curso 2020-2021 os seus estudos especializados no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), 202 en Xestión Hoteleira e 26 na diplomatura de Gastronomía e Xestión en Cociña. O CSHG comezou este curso de xeito escalonado na segunda quincena do mes de setembro para a recuperación de contidos para o alumnado de Xestión Hoteleira, mentres que agora en outubro comeza o curso para os novos alumnos que se incorporan por vez primeira ao centro, 66 en total.