06 out 2020

A Xunta e a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo acordan abrir novas liñas de colaboración para a Reconquista

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reuníronse coa directiva da asociación para abordar posibles apoios da Administración autonómica á Festa de Interese Turístico Nacional

Reunión na sede da Xunta en Vigo.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiron na sede da Xunta en Vigo a parte da xunta directiva da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo para abordar novas liñas de colaboración de cara á celebración da Reconquista no 2021.

Cómpre lembrar que este evento foi recoñecido no 2019 como Festa de Interese Turístico Nacional, sendo a primeira celebración da cidade en acadar esta distinción e a quinta da provincia de Pontevedra.

Neste senso, Castro destacou o “apoio decisivo e permanente” do Goberno galego a este evento, e sobre todo no camiño emprendido nos últimos anos de cara a consecución deste título. Tanto a directora de Turismo de Galicia como a delegada da Xunta en Vigo coincidiron en sinalar que este recoñecemento supón un “orgullo” para Galicia, e que as festas galegas son uns dos máis importantes recursos turísticos cos que conta a comunidade.

Na reunión á que asistiron o presidente da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo, José Tamega, o tesoureiro, Francisco Lorenzo, e o secretario, Fiz Axeitos, ambas representantes autonómicas tomaron nota das súas propostas de cara a celebración da Reconquista do 2021. En todo caso, lembraron que a Xunta seguirá colaborando con este festexo, agora cunha achega de polo menos 25.000 euros no marco dos convenios que Goberno galego asina todos os anos coas festas desta categoría.

 

Arriba