O vicepresidente primeiro e o conselleiro de Sanidade reúnense coa Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron unha reunión co presidente da Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (Atrega), Jesús Francisco Ares. Ao encontro tamén asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
A Xunta continúa así coa rolda de contactos para coñecer as demandas do sector turístico en canto á adaptación da súa actividade ás restricións derivadas da covid-19 e para avaliar posibles opcións de colaboración en iniciativas coas que combater os efectos económicos da pandemia no sector.