O programa de aceleración de Turislab comeza coa formación das 15 startups seleccionadas na primeira fase
O programa de formación na fase Pre-Academia durará ata o 4 de xuño e servirá para escoller aos 10 finalistas que optarán a fase de investimento
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada de dárllela benvida aos participantes dos proxectos preseleccionados para a súa aceleración a través de Turislab, a Aceleradora galega de Turismo que impulsa a Xunta de Galicia para dotar ao sector de solucións innovadoras e melloras para os profesionais e os usuarios finais. A sede central do programa, situada na Barcia, contou coa presencia dos 15 proxectos mellor valorados desta primeira edición, que comezaron o seu primeiro módulo de formación a cargo do experto en startups, Carlos Otero.
Esta primeira fase de PreAcademia desenvolverase durante catro fins de semana, ata o 4 de xuño, data na que se celebrará o primeiro dos Demo Days previstos, e que servirá para escoller aos 10 finalistas do programa, que serán os que accedan á fase central e definitiva da Academia, que se prolongará durante 6 meses.
Turislab recibiu un total de 83 candidaturas na súa primeira edición. O equipo de selección, conformado por 17 profesionais de distintas especialidades, acordou a listaxe definitiva de seleccionados en base á distintos criterios entre os que destacan as posibilidades de escalabilidade e internacionalización nos mercados, a viabilidade do proxecto e o investimento necesario ou os factores de innovación introducidos, entre outros aspectos.
Os 15 proxectos seleccionados
Das seis categorías habilitadas pola organización de Turislab, Travel Tech foi a que máis propostas gañadoras, sete en total, seguido das categorías Social Tech e Sostibilidade, con tres proxectos cada unha delas e Camiño de Santiago, con dous. Estes son os seleccionados e ás categorías á que pertencen:
ROOMDOO (Travel Tech) propón unha xestión automatizada e a tempo real de todos os indicadores clave dun aloxamiento turístico.
CAPPTUS (Travel Tech), é unha aplicación para grupos de guías turísticos con xeolocalización incorporada.
APP BAIXO MIÑO (Travel Tech), ofrece un paquete completo de servizos e actividades turísticas especializados na Comarca do Baixo Miño.
NÓMADA (Travel Tech), é produto dixital con intelixencia de mercado e viralización da promoción.
LUX XPERIENCE (Travel Tech), ofrece realidade mixta para visitas autónomas a enclaves culturais e históricos.
SH360 Servicios Hoteleros 360º (Travel Tech), está orientado ao desenvolvemento da transformación dixital e posicionamento competitivo para aloxamentos e hoteis.
43º 8´ CREATIVE ALGORITHM (Travel Tech), oferta un análise de comportamentos para alcanzar obxectivos de marketing e vendas.
FAR WORK (Social Tech) desenvolve ecosistemas para facilitar o teletraballo en entornos urbanos, naturais e rurais.
CAMPUS SPAIN (Social Tech) quere desenvolver Galicia como destino educativo internacional con estancias temporais.
NACIONAL VI (Social Tech) busca elevar a activo turístico internacional unha ruta repleta de recursos turísticos.
E – BIKE TOURS IN GALICIA (Sostibilidade) está orientado a desenvolver viaxes sostibles e á carta coa bicicleta como fío condutor en Galicia.
RUTEART (Sostibilidade) quere ofertar viaxes alternativos e sostibles con compoñente medioambiental.
SOLLU (Sostibilidade) é unha proposta centrada no ecoturismo con experiencias únicas inmersivas mediante tecnoloxía dixital.
BEDANDGO (Camiño de Santiago) propón emprazamentos sostibles, intelixentes e autosuficientes no Camiño e finalmente.
UBRE (Camiño de Santiago) é unha plataforma dixital para mobilidade de persoas e distribución de produtos e servizos.