A directora de Turismo de Galicia participa na presentación do Campionato de España ILCA Láser Master de Vela
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación oficial do Campionato de España Máster da Clase Internacional Laser (ILCA) que se celebrará na ría de Muros Noia do 3 ao 6 de xuño. Castro destacou que estas citas supoñen unha oportunidade para que Galicia siga posicionándose como destino turístico-deportivo para acoller citas deportivas internacionais como a que acolle o Real Club Nacional de Portosín, unha cita nacional que traerá a Galicia regatistas de primeiro nivel tanto veteranos como das novas xeracións.