Turismo de Galicia promove en Miami a celebración do Xacobeo e o Camiño coa colocación dunha nova mouteira
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nun completo programa de promoción internacional da celebración do Xacobeo e o Camiño de Santiago, que inclúe a colocación en Miami da novena mouteira internacional, a terceira no continente americano
A universalidade do Camiño de Santiago, a celebración do Xacobeo 21-22 e o seu impacto internacional como embaixador da marca Galicia e como motor da recuperación económica e, sobre todo, turística, centraron a participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na xornada Galicia Trasatlántica, que se celebrou en Miami. Nava Castro foi a encargada de pechar esta xornada promovida por Abanca e na que se mantivo encontros cos empresarios estadounidenses e galegos no marco dun completo programa de actividades que se desenvolven neste estado de EE.UU.