A celebración deste segundo Ano Santo segue sumando eventos na súa programación, dentro da iniciativas Concertos do Xacobeo. O Atlantic Fest 2022 completaba o seu cartel co anuncio do concerto de Izal, que actuará neste festival de música que se celebrará os días 15, 16 e 17 de xullo en Vilagarcía de Arousa. Izal, considerado coma un dos mellores directos que hai agora mesmo na escena nacional, actuará en Atlantic Fest dentro da programación de Xacobeo 21-22.
A confirmación de Izal completa o cartel do festival deste ano, xunto a Quique González, Lorena Alvarez, Luís Fercán, Nueve Desconocidos, Diamante Negro e Os Peregrinos. De feito o concerto de Izal será moi especial porque será a última ocasión de velos en directo en Galicia e farano subidos ao escenario Xacobeo 21-22 o sábado 16 de xullo. Un escenario que tamén pisará o músico madrileño Quique González, que visita Atlantic Fest por primeira vez para presentar o seu decimotercerio disco “Sur en el Valle”.
O Atlantic Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través de Xacobeo 21-22 xunto cos xa confirmados Andrés Calamaro, Fangoria + Nancys Rubias, Los Planetas, La Casa Azul, María Arnal i Marcel Bagés, Rojuu, Los Hermanos Cubero, El Último Vecino, Depresión Sonora, Kora, Las Dianas o Rocío Saiz.
As entradas atópanse á venda na páxina web oficial do festival www.atlanticfest.com ao prezo de 55 euros até o 15 de maio.