O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), como entidade asociada a EUHOFA, exerceu este ano como anfitrioa do congreso. A EUHOFA é unha asociación formada por directores de escolas de hostalería e decanos de colexios e universidades de hostalería que traballan para garantir a máxima calidade educativa dos seus institutos.
No seu 59 aniversario, Santiago de Compostela acolleu a preto de 80 representantes destas escolas, pertencentes a máis dunha ducia de países do mundo, dende Nepal ata México, Kenia ou os EEUU. A maioría dos participantes son internacionais, máis do 90%.
Durante a súa intervención, Nava Castro fixo fincapé na importancia da formación académica e a profesionalización deste sector para dar resposta aos cambios que estamos a ver debido á globalización e a gran competitividade turística ao tempo que destacou o valor engadido que ofrece a formación no CSHG polo seu alto grao de especialización e internacionalización das prácticas que oferta ao seu alumnado.
Así mesmo, puxo en valor a nova oferta formativa que dende este ano está a ofrecer o CSHG a través da Universidade de Santiago de Compostela, o Grado en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira, que permitirá aos alumnos acadar unha formación tanto teórica como práctica homologada e de excelencia.
O congreso desenvolvéuse con clases maxistrais impartidas por profesionais do sector e completóuse cunha axenda de visitas turísticas e culturais a diferentes lugares de interese turístico de importancia para Galicia como as Rías Baixas, a Catedral de Santiago ou a Cidade da Cultura de Galicia.