17 mai 2022

Galicia terá este verán 112 praias con bandeira azul, tres das cales conseguen o galardón por primeira vez

 A Comunidade consolida a súa posición a nivel nacional, cun total de 166 distintivos azuis concedidos entre praias, portos, centros e sendeiros

 
Os areais galegos que se estrean en 2022 son os de Porto Suevos, no concello de Arteixo; Banda do Río, en Bueu; e Santa Baia, no termo municipal de Vigo
 
Un total de 14 centros de visitantes e aulas da natureza das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra reciben tamén este distintivo, e 11 portos lucirán a bandeira azul
 
Galicia volve ser a Comunidade con máis sendeiros azuis, cun total de 29, que se coñecerán ao longo deste mes
 
Sanxenxo volve ser o municipio español con máis recoñecementos, ao lograr 17 para as súas praias, ademais de contar con tres portos con bandeira e un centro azul
 
A Xunta felicita a todos os municipios galardoados polo esforzo realizado para presentar as mellores e máis completas candidaturas
 
Galicia é un dos territorios con máis bandeiras azuis.

Un total de 112 praias galegas pertencentes a 34 municipios terán este verán unha bandeira azul, distintivo co que cada ano a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece a areais de todo o mundo en base a criterios de sustentabilidade e de servizos.

De todas as praias galardoadas nesta última edición cómpre subliñar que tres lucirán a bandeira por primeira vez: Porto Suevos, no concello de Arteixo; Banda do Río, en Bueu; e Santa Baia, en Vigo. Ademais, a de Fontela Valea, en Barreiros, volve sumarse á listaxe de areais galegos con esta distinción, despois de que o ano pasado non a recibira.

Galicia concentra unha de cada cinco das bandeiras concedidas en 2022 en todo o país, con 112 areais recoñecidos que se estenden ao longo de 42,7 km. Deste xeito, consolida a súa posición entre as comunidades españolas que reciben cada ano un maior número de distintivos azuis para as súas praias, xunto á Comunidade Valenciana e Andalucía.

Ademais, 11 portos deportivos galegos tamén lucirán unha bandeira azul este verán; 14 instalacións dedicadas á educación ambiental e á atención aos visitantes terán a consideración de centros azuis; e 29 rutas converteranse en sendeiros azuis.

Este balance, cun total de 166 distintivos concedidos a Galicia entre praias, instalacións portuarias, centros e sendeiros, supón un aumento de 11 respecto aos datos do ano pasado, cando a cifra de areais galegos con bandeira azul foi de 111 —1 menos que en 2022—. De igual xeito, a Comunidade tamén suma un novo centro azul, ao incorporarse por primeira vez o centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán, en Camariñas, e engade 9 sendeiros azuis á vintena do pasado ano, mentres que o número de portos que lucirá este emblema se mantén sen cambios respecto a 2021.

Así mesmo e por primeira vez, Adeac concedeu en España 9 mencións especiais a municipios con bandeira azul que teñen demostrado un esforzo notable por avanzar nalgunha destas tres áreas: educación ambiental, socorrismo e praias inclusivas. Precisamente, cómpre subliñar que unha destas mencións recaeu no concello lucense de Burela, en recoñecemento ao labor que desenvolve no eido da educación ambiental.

Municipios con máis galardóns e datos por provincias

Nesta edición de bandeiras azuis, Sanxenxo volve repetir como o municipio de toda España con máis areais galardoados, un total de 17, a mesma cifra que o ano pasado. En todo caso, cómpre subliñar que este concello suma ademais outras tres distincións para os seus portos deportivos e terá de novo un centro azul. En Pontevedra destacan tamén Vigo, que suma 11 areais —1 máis que en 2021 grazas á incorporación de Santa Baia—; Baiona, con 6 praias e 1 porto galardoados; Cangas, 5 praias e 1 porto; Marín, 5 praias e 2 centros azuis; e Bueu, tamén con 5 areais e 2 centros azuis.

 Así mesmo, no caso da provincia coruñesa o municipio de Arteixo volve ser o que concentra máis bandeiras azuis, un total de 8; seguido da cidade da Coruña —5 areais e 1 porto— e de Oleiros —que este ano terá 5 praias con bandeira e 2 centros azuis—.

Por último, Foz volve ser o concello lucense con máis areais galardoados, un total de 5; mentres que Barreiros, con 3, recupera a bandeira azul para o de Fontela Valea; e Burela consigue o recoñecemento de Adeac para 3 das súas praias e 2 centros azuis.

Criterios de excelencia

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis en praias e portos deportivos están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade destes espazos. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

Un ano máis, España é o país que concentra o maior número de bandeiras azuis de todo o mundo. En concreto, recibirá 729 galardóns, dos cales 621 ondearán en praias de distintos puntos do país, 103 irán a parar a portos deportivos e 5 a embarcacións turísticas. Así mesmo, tamén contará con 79 centros azuis.

Neste sentido, a Xunta felicita a todos os municipios galardoados polo esforzo realizado para presentar as mellores e máis completas candidaturas e lograr un recoñecemento consolidado xa a nivel internacional como símbolo da calidade e excelencia das praias, portos, sendeiros e centros da natureza que hai en Galicia.

Por último e con relación aos sendeiros azuis, cómpre precisar que este ano Adeac decidiu convocar estes distintivos como un programa independente. O acto de entrega deste galardón aos 86 roteiros galardoados en España —29 deles en Galicia, que volve ser a Comunidade con máis sendeiros azuis— realizarase o 26 de maio en Madrid.

A continuación detállanse os galardóns concedidos en 2022 en Galicia, diferenciando entre praias, portos e centros azuis e resaltando cun * os recoñecidos por primeira vez.

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL EN 2022

 PROVINCIA DA CORUÑA

14 concellos / 36 areais

 A Coruña

As Lapas

Orzán-Matadero

Oza

Riazor

San Amaro

A Laracha

Caión

Arteixo

A Hucha

A Salsa (Repibelo)

Barrañán

Combouzas

 O Reiro

Sabón

 Valcobo

 Porto de Suevos*

As Pontes

Lago das Pontes

Bergondo

Gandarío

 Camariñas

Arou

Carballo

Pedra do Sal

Razo

 Saíñas

 Dumbría

O Ézaro

Ferrol

A Fragata-O Pareixal

Doniños

 Esmelle

 San Xurxo

Laxe

Laxe

Miño

Perbes-Andahío

Oleiros

Bastiagueiro

Espiñeiro

 Mera

 Naval

Santa Cristina

 Ponteceso

A Ermida

Balarés

O Osmo

Ribeira

Coroso

 PROVINCIA DE LUGO

8 concellos / 18 areais

Barreiros

Fontela Valea*

Coto

A Pasada

Burela

A Marosa

O Portelo

Ril

Cervo

O Torno

Foz

A Rapadoira

Areoura

As Polas

Llas

Peizás

O Vicedo

Abrela

Xilloi

Ribadeo

As Catedrais

Os Castros-Illas

Viveiro

Area

Xove

Esteiro

 PROVINCIA DE PONTEVEDRA

12 concellos / 58 areais

A Guarda

Area Grande

O Muíño

Illa de Arousa

Area da Secada

Bao (Camaxe)

Baiona

Barbeira

Concheira

Frades

Ladeira

Ribeira

Santa Marta

Bueu

Area de Bon

Banda do Río*

Lagos

Lapamán

Portomaior

Cangas

Areabrava

Areamilla

Liméns

Menduíña

Nerga

Marín

Aguete

Loira

Mogor

Portocelo

Santo do Mar-A Coviña (2 praias, 1 solicitude)

Moaña

O Con

Poio

Cabeceira

Ponte Caldelas

A Calzada (fluvial)

Sanxenxo

A Lapa

Agra

Areas

Areas Gordas

Baltar

Bascuas

Canelas

Caneliñas

O Espiñeiro-A Lanzada

Foxos

Major

Montalvo

Nosa Señora da Lanzada

Panadeira

Paxariñas

Pragueira

Silgar

Vigo

A Punta

Argazada

Canido

Carril

Fontaíña

Fortiñón

O Vao

Rodas (Illas Cíes)

Samil

Santa Baia*

Tombo do Gato

Vilagarcía de Arousa

Campanario

Compostela

 

PORTOS CON BANDEIRA AZUL EN 2022

A Coruña

A Coruña

Real Club Náutico A Coruña-Marina Real

Boiro

Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz

Sada

Club Náutico Sada

Porto Deportivo Sadamar

Porto do Son

Real Club Náutico de Portosín

Lugo

Ribadeo

Porto Deportivo de Ribadeo

Pontevedra

Baiona

Monte Real Club de Iates de Baiona

Cangas

Porto Deportivo Cangas (Real Club Náutico Rodeira)

Sanxenxo

Real Club Náutico Sanxenxo

Club Náutico Portonovo de Sanxenxo

Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo

 CENTROS AZUIS 2022

A Coruña

Oleiros

Centro de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

CEIDA-Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

A Laracha

Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte Golmar

Camariñas

Centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán*

Museo Man de Camelle

Lugo

Burela

Centro de Educación Medioambiental Gaia

Barco Museo Reina del Carmen

Cervo

Carpintería de Ribeira Francisco Fra

Pontevedra

Bueu

Aula de Natureza Cabo Udra

Centro de Interpretación Agrelo

Sanxenxo

Centro de Interpretación As Telleiras

A Illa de Arousa

Centro de Interpretación da Conserva

Marín

Ateneo Santa Cecilia

Arriba