Turismo de Galicia apoia a celebración do Corpus Christi de Ponteareas como un precursor da nosas tradicións e costumes
A directora de Turismo de Galicia asistiu á entrega de medallas do Corpus Christi de Ponteareas
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega de medallas do Corpus Christi de Ponteareas, unha das doce festas de Interese Turístico Internacional coas que conta a Comunidade.
Nesta xornada, as rúas deste concello pontevedrés énchense de cor coas alfombras florais realizadas durante toda a noite polos seus veciños despois do traballo de preparación nas últimas semanas. Trátase dunha celebración que cada ano conta co respaldo da Xunta de Galicia.
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia salientou que “esta tradición, que consta con máis de 150 anos de antigüidade, é unha mostra do patrimonio inmaterial do que gozamos na nosa Comunidade, e que consérvase viva coa participación da veciñanza, dende nenos a maiores”.
“É esta, sen dúbida, unha obra colectiva que expresa a cultura popular dos veciños de Ponteareas, que saben conservar e promover esta celebración á perfección. Pero é, ademais, unha boa mostra da fonda tradición que moitos de nós mantemos viva na nosa memoria con especial cariño e afecto” finalizou Castro.
As alfombras florais son un referente internacional e a súa tradición é unha das máis antigas do mundo, que contan cun importante arraigo en Galicia. De feito, entre as festividades máis sobranceiras destacan, xunto a Ponteareas, as de Redondela, Ares e Bueu.
Nava Castro agradeceu o labor anónimo dos alfombristas que ano tras ano grazas ao seu traballo enchen de cor e de emoción as rúas polas que pasa a procesión