05 xul 2022

Nava Castro participa na Conferencia Sectorial de Turismo que ratifica a aprobación do Plan de sustentabilidade en destino presentado polo Concello da Coruña

Na Conferencia Sectorial de Turismo foron presentados 224 Plans dos cales foron aprobados 28, no que está o proxecto de A Coruña: “A Coruña, Sostible e Dixital”

 
Nava Castro, na reunión sectorial.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou de forma telemática na Conferencia Sectorial de Turismo onde ratificouse a aprobación do Plan de Suntentabilidade en destino presentado polo concello de A Coruña e apoiado polo Goberno galego, que conta cun investimento de 3 millóns de euros.

 
Na Conferencia Sectorial de Turismo foron presentados 224 Plans dos cales foron aprobados 28, no que está o proxecto de A Coruña:“A Coruña, Sostible e Dixital”, que ten como obxectivo impulsar a competitividade como destino turístico, fomentar a actividade para a inclusión de veciños e viaxeiros e garantir a sustentabilidade ambiental do concello.
 
Segundo explicou Nava Castro, o Consello da Xunta deu a pasada semana o visto bo ao apoio do Goberno galego para a aprobación deste Plan de Sustentabilidade en Destino nesta convocatoria da 3ª edición ordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino.
 
O proxecto presentado polo concello da Coruña conta con 3 eixes de actuacións, que xiran en torno á eficiencia enerxética, a transición Dixital, como a posta en marcha dunha oficina turística virtual; e a competitividade, coa posta en marcha por exemplo, do Coruña surf City.
 
OS PSTD están financiados polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo e as comunidades autónomas, e teñen como obxectivos xerais apoiar aos destinos turísticos españois no seu proceso de transformación cara a hubs ou polos de innovación turística capaces de integrar na súa oferta a sostibilidade ambiental, socioeconómica e territorial, e de desenvolver estratexias de resiliencia fronte aos novos retos do ecosistema turístico, desde o cambio climático, ata a sobredemanda turística ou as crises sanitarias e de seguridade.
 
Arriba