Turismo de Galicia participa na presentación do primer Fórum Gastronómico dos Camiños
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación levada a cabo no concello de Lalín
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou en Lalín na presentación da I edición do “Fórum Gastronómico dos Camiños” xunto ao rexedor, José Crespo, e a concelleira de Cultura, Begoña Blanco.
Durante a súa intervención, Nava Castro puxo en valor a oportunidade que este evento brinda para seguir situando ao noso territorio como destino enogastronómico de primeiro nivel onde a calidade e a excelencia van da man. A gastronomía é o segundo motivo polo que os visitantes acoden a Galicia, grazas á variedade e calidade, que se traduce en 15 establecementos que locen o recoñecemento da Estrela Michelin e 325 entidades con Q de calidade, das que 80 son establecementos de restauración.
“A nosa gastronomía enxálzase, pois, nestes establecementos de restauración, pero tamén no noso día a día e na multitude de eventos de exaltación de produtos alimentarios que forman parte da experiencia turística e que se converten nunha imprescindible aportación á conservación do patrimonio culinario de Galicia”, finalizou Castro.