Turismo de Galicia felicita ao Concello do Carballiño que vén de acadar o recoñecemento da súa Festa do Polbo como de Interese Turístico Internacional
Lévase celebrando de maneira ininterrompida desde 1962 o segundo domingo de agosto de cada ano, cumprindo por tanto este ano a súa 58ª edición
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, felicitou ao Concello do Carballiño que vén de acadar o recoñecemento da súa Festa do Polbo como Festa de Interese Turístico Internacional.