11 xul 2022

A Xunta destaca o investimento levado a cabo na conservación e mantemento do trazado e nos albergues do camiño portugués, segunda ruta máis empregada polos peregrinos

 Desde o ano 2019 investiuse neste trazado 2,3 millóns de euros para o acondicionamento e sinalización no conxunto do itinerario

Para este ano están previstas actuacións de conservación e mantemento de albergues no Camiño Portugués por preto de 600.000€

Nesta ruta hai 10 Albergues con máis de 500 prazas, onde destaca a inauguración o pasado ano do albergue de Vigo

 

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu na comisión 6ª do Parlamento de Galicia, onde destacou a inversión do Goberno galego no Camiño Portugués que, xunto ao da costa, é a segunda ruta máis empregada polos peregrinos.

Dende o ano 2019 investiuse neste trazado 2,3 millóns de euros para o acondicionamento e sinalización no conxunto do itinerario, dos cales 1,8 millóns foron para traballos executados na Guarda, Redondela, Tui, Soutomaior, Portas e Caldas de Reis.
 
Para este ano están previstas actuacións de conservación e mantemento de albergues no Camiño Portugués por preto de 600.000€, xa que no Camiño Portugués hai 10 albergues con máis de 500 prazas. Destaca a inauguración o pasado ano do albergue de Vigo, que contou cunha inversión total de 1,8 M€.
 
O Camiño Portugués é o que máis crecemento experimentou nos últimos anos, ata converterse en 2019 no itinerario escollido polo 21% do total dos peregrinos que chegaron a Compostela (máis de 72.000 compostelas solicitadas), o que situou en segundo lugar entre as rutas xacobeas máis escollidas, seguida do Camiño Portugués pola Costa.
 
Arriba