A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, asistiron aos actos do XXXVI remonte anual marítimo fluvial conmemorativo da “Traslatio Apostólica.
Nava Castro sinalou que Galicia é un destino inigualable para o desfrute do mar a través dos diferentes deportes náuticos, resaltando as instalacións de vangarda que sobresaen tanto en cantidade coma en calidade na nosa comunidade, con 11 portos deportivos que contan con bandeira azul e 15 coa Q de calidade.
Así mesmo, Castro fixo fincapé na aposta da Xunta de Galicia pola potenciación e reforzamento do turismo náutico mediante o Plan Estratéxico Galicia Destino Seguro, favorecendo o aproveitamento por parte da nosa comunidade deste recurso.
Nava Castro explicou que o plan baséase na oferta turística, nos recursos endóxenos e na articulación dun turismo multiexperiencial con produtos como o turismo náutico para captar novos mercados e desestacionalizar a demanda, poñendo como exemplo esta ruta da Traslatio.
“Dende a Xunta de Galicia seguiremos apostando pola calidade e potenciando aquilo que nos fai especiais porque, deste xeito, conseguiremos ofrecer experiencias que soamente se poidan gozar aquí, na nosa comunidade”, concluíu Nava Castro.