A Xunta participa na reunión do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago que elixiu como novo presidente a Manuel Castiñeiras
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro asisitiu ao encontro onde indicou que xogan un papel fundamental no asesoramento ao Goberno galego para potenciar aínda mais o Camiño de Santiago
Ademais, a directora de Turismo de Galicia deu a benvida aos novos correspondentes, Georges Greenia por USA, Piore Roszac por Polonia, Satoko Nakajima por Xapón/Asia e Javier Almozara por Chile/Sudamérica
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na reunión do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago,que elixiu como novo presidente ao profesor na Universitat Autónoma de Barcelona e director do Departamento de Arte e Musicoloxía, Manuel Castiñeiras.
Nava Castro indicou que xogan un papel fundamental no asesoramento ao Goberno galego e no intercambio de coñecementos científicos e culturais para potenciar aínda máis o Camiño de Santiago.
Ademais, a directora de Turismo de Galicia deu a benvida aos novos correspontentes, Georges Greenia por USA, Piore Roszac por Polonia, Satoko Nakajima por Xapón/Asia e Javier Almozara por Chile/Sudamérica.
O Comité de Expertos do Camiño de Santiago é o órgano de colaboración para a coordinación das actuacións relacionadas coa posta en valor cultural e turística do Camiño de Santiago a súa promoción, o mantemento e conservación dos Camiños, a súa sinalización e aquelas accións que redunden en beneficio do Camiño de Santiago e o fenómeno da peregrinación xacobea.