02 ago 2022

Rueda enxalza o vencello entre os valores solidarios do Xacobeo e a gastronomía do Camiño

Rueda, cos cociñeiros estrela Michelin.

 O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, enxalzou os vencellos dos valores solidarios do Xacobeo cos da gastronomía do Camiño de Santiago.

O titular do Executivo galego puxo en valor estes vínculos tras recibir, na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, os e as chefs participantes na cita ‘Estrelas no Camiño’, evento solidario impulsado por Casa Barqueiro de Negreira que reúne a cociñeiros que nesta edición suman 69 estrelas Michelin, dos cales 8 son galegos.
 
 Os beneficios desta acción serán entregados á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, entidade sen ánimo de lucro que ten a finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por estas doenzas, así como a dos seus familiares e coidadores.
 
Arriba