Nava castro entrega o trofeo Turismo de Galicia dentro do certame Equiocio
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entregou en Ferrol o premio Turismo de Galicia outorgado dentro do certame hípico Equiocio que hoxe se clausurou en Ferrol.
Nava Castro felicitou aos organizadores deste acontecemento deportivo polo éxito acadado nesta edición e referiuse ás actividades que se incluíron este ano, e que ademais da hípica, foron o sendeirismo e o ciclismo, o que consolida este certame como referente nacional.
Nava Castro lembrou tamén a achega de 40.000 euros por parte do departamento que dirixe para o desenvolvemento deste histórico certame, e o compromiso da Xunta para consolidar unha oferta turística de calidade para que sexa a marca de diferenciación da Comunidade galega como destino turístico.