12 set 2022
Nava Castro pon en valor a oferta termal baseada na excelencia e calidade da nosa comunidade
A directora de Turismo de Galicia participou hoxe no curso “Termalismo en el oeste de la península Ibérica” mediante unha conferencia sobre as oportunidades de Galicia neste eido
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, deu unha conferencia sobre termalismo dentro do curso que está tendo lugar en Caldas dende o 4 de setembro ao día 10.
Durante a súa intervención, Nava Castro destacou a aposta da Xunta de Galicia polo termalismo, que ten unha gran incidencia nos territorios no que ten lugar gracias a súa capacidade para diversificar e desestacionalizar a oferta turística, así como o fomento do turismo interno e externo.
Ademais, incidiu en que este sector encaixa na aposta do Goberno galego por un modelo de turismo baseado na seguridade, a calidade e a sustentabilidade, como se recolle no Plan Galicia Destino Seguro 2021-2023 no que a Xunta traballa da man co Agrupación industrial Turismo de Galicia e as tres universidades galegas.
Por iso, destacou as opcións de crecemento deste segmento turístico tendo en conta as demandas dos viaxeiros no escenario postcovid na busca dun turismo tranquilo e experiencias innovadoras relacionadas co turismo de saúde e benestar.
“Temos ben claro que co termalismo temos en Galicia un dos produtos turísticos máis especializados e singulares co que é posible chegar a perfiles de turistas distintos e mesmo incluílo en ofertas combinadas con outras propostas, cumprindo con dous dos piares do turismo galego: desestacionalizar e diversificar a oferta turística” indicou a directora de Turismo de Galicia.
Galicia sitúase como líder no conxunto do Estado en canto á oferta mineromedicinal, e tamén é a comunidade con maior número de distintivos de calidade nos establecementos termais, con 6 establecementos coa distinción de Q de Calidade Turística na nosa comunidade.