25 out 2022

Turismo de Galicia destaca a relevancia do sector vitivinícola na nosa comunidade na asemblea de Iter Vitis celebrada en Santiago de Compostela

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no evento que tivo lugar no Centro Internacional de Peregrinos

O acto contou coa presenza de representantes de Azerbaixán, Croacia, Moldavia, Bosnia Herzegovina , Portugal, España e Reino Unido

 
Nava Castro, na asamblea de Iter Vitis.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou  na reunión da asemblea de Iter Vitis, onde a Xunta de Galicia recibiu o galardón a Mellor institución pública de apoio ao enoturismo e ao turismo cultural.

A directora de Turismo de Galicia puxo en valor a importancia desta iniciativa, especialmente nesta edición que se celebrou en Galicia e agradeceu o premio entregado ao Goberno galego. Neste senso, Castro puxo en valor a relevancia da nosa comunidade á hora de dar cabida a este tipo de eventos mediante os que se dá a coñecer a riqueza da nosa oferta vitivinícola así como as paisaxes e os recursos cos que contamos en Galicia.

Os premios Iter Vitis premian ás mellores prácticas no campo do enoturismo, e tamén ás iniciativas que protexen e promoven a tradición milenaria da vide, o viño e a paisaxe, a innovación e o respecto pola sustentabilidade ambiental, social e económica.

O acto contou coa presenza de 10 dos 25 países membros desta iniciativa, entre os que se encontraban representantes de Azerbaixán, Croacia, Moldavia, Bosnia Herzegovina , Portugal, España e Reino Unido.

 
Arriba