28 nov 2022

Galicia engrandece a súa proposta enogastronómica con 18 estrelas Michelin en 16 establecementos

 Estas novas estrelas sitúan á nosa comunidade como destino enogastronómico de referencia, tanto a nivel nacional como internacional

 
Como novidades, o restaurante Ceibe, localizado en Ourense, e o Asador O ‘Pazo, en Padrón recibiron cadansúa estrela Michelin; e Pepe Vieira, de Camiño da Serpe acadou o seu segundo distintivo
 
Galicia conta así con 16 restaurantes con estrelas Michelin, dos cales Culler de Pau e Camiño da Serpe conta con dúas cada un deles
 

Galicia recibiu un total de 18 estrelas Michelin para 16 restaurantes galegos, o que reafirma que a proposta galega sitúa a Galicia como destino enogastronómico de referencia. Dos 16 restaurantes, dous deles, Culler de Pau e Camiño da Serpe, acadan dous destes distintivos.

Durante esta celebración, o restaurante Ceibe, localizado en Ourense, e o Asador O ´Pazo, en Padrón recibiron unha estrela Michelin. Así, os chefs Lydia do Olmo e Xosé Magalhaes, do restaurante ourensán, e Óscar Vidal, do restaurante situado no concello coruñés, recibiron as icónicas chaquetas de cor branca polo súa labor.

Estes dous novos locais súmanse, desta forma, ao listado máis importante a nivel gastronómico do que forman parte Árbore da Veira (A Coruña), As Garzas (Malpica), Retiro da Costiña (Santa Comba), A Tafona (Santiago), Casa Marcelo (Santiago), Culler de Pau (O Grove), Yayo Daporta (Cambados), Eirado da Leña (Pontevedra), Casa Solla (Poio), Pepe Vieira (Poio), Maruja Limón (Vigo), Silabario(Vigo), Nova (Ourense) y Miguel González (Pereiro de Aguiar).

Durante esta celebración, o restaurante Camiño da Serpe, de Pepe Vieira, conseguía a súa segunda estrela e convertíase así, xunto con Culler de Pau de Javier Olleiros, no segundo restaurante galego en contar con dous destes distintivos

Estrela Verde e BIg Gourmand

Ademais, Galicia conta con 3 restaurantes galardoados coa Estrela Verde: Culler de Pau, O Balado, A Coruña) e Pepe Vieira, distinción coa que Michelin premia o seu compromiso coa sustentabilidade no campo gastronómico

Na categoría de Big Gourmand, establecementos de calidade que ofrezan unha boa comida a prezos alcanzables, a nosa comunidade suma 6 novos locais: o Villa de Oro (Camariñas), Pementa Rosa (Carballo), Frank (Ferrol), O Tobo do Lobo (Melide), A Xanela Gastronómica (Ponteareas) e a A Maceta, en Santiago de Compostela.

 
Arriba
Axúdanos a mellorar!