13 dec 2022

Rueda anuncia un investimento de 19 millóns de euros para o mantemento dos Camiños de Santiago no período 2023-2025

Salienta que se trata dunha partida “importante” para que estean en “perfecto estado”, xa que considera que unha das “razóns de éxito” con “número de visitantes récord” deste Xacobeo se debe ao “bo estado de mantemento e conservación” dos mesmos

As actuacións que se van levar a cabo teñen como finalidade manter os Camiños
Xacobeos nun óptimo estado para o paso dos peregrinos, mediante a execución das
operacións, tarefas e atencións periódicas necesarias para o seu mantemento
 
As obras comprenden as actuacións de acondicionamento e mellora dos distintos
treitos dos Camiños de Santiago, así como o reforzo e a mellora da sinalización
 

O  presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou  que o Consello da Xunta deu o visto e prace ao proxecto de acordo polo que se autoriza o expediente de gastoderivado da contratación de servizos e de obra relativa destinados á conservación integral do Camiño de Santiago cun orzamento de 18,9 millóns de euros para o período  2023-2025.

“Trátase dun esforzo importante, pero moi rendible na imaxe que ofrece do Camiño e
para os peregrinos”, salientou Rueda, quen defendeu esta partida esgrimindo que unha
das “razóns do éxito” das “cifras récord” do Xacobeo deste ano se debe “ao bo estado de
mantemento e conservación” das diferentes rutas xacobeas.
 
Precisamente, incidiu en que se está piques de rematar un dobre ano Xacobeo “espectacular” en número de visitantes cun “récord absoluto” de máis de 5,8 millóns de visitantes e con 450.000 compostelanas entragadas ata este intre. Rueda cualificou estas cifras de “espectaculares” e admitiu que “non se agardaban cando se saíu da pandemia”.
 
En canto ás actuacións que se van levar a cabo, o mandatario galego explicou que teñen como finalidade manter os Camiños Xacobeos nun óptimo estado para o paso dos peregrinos, mediante a execución das operacións, tarefas e atencións periódicas necesarias para o seu mantemento. “Todo o que supón de mantelos en perfecto estado de revista”, resumiu Rueda, quen precisou que as obras comprenden as actuacións de acondicionamento e mellora dos distintos treitos dos Camiños de Santiago, así como o reforzo e a mellora da sinalización. Ademais comprenden, entre outras, tarefas de operacións de vixilancia, seguimento e control, e tarefas preventivas de limpeza e de sega nestas rutas
 
As obras que constitúen o obxecto do contrato establécense no prego de prescricións  técnicas e comprenden actuacións de acondicionamento e mellora dos distintos treitos dos Camiños de Santiago e actuacións de disposición, reforzo e mellora da sinalización.
 
Todas as actuacións se levarán a cabo en toda a da rede de camiños que pertencen ao Camiño de Santiago. Así, actuarase no Camiño Francés, no do Norte, no Interior, no  Primitivo, no Portugués e no Portugués da costa, na Vía da Prata- Mozárabe, no Camiño
de Fisterra Muxía, no Inglés e no de Inverno.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Arriba
Axúdanos a mellorar!