Nava Castro destaca o pulo turístico e cultural para a nosa comunidadade dos beléns navideños
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na inauguración do belén de Moraña no que se reproducen as principais iconas turísticas e bens patrimoniais do municipio.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou unha nova edición do Belén de Moraña, onde destacou o pulo turístico e cultural que supón para a nosa comunidade iniciativas como este belén, xa que pon en valor os nosos monumentos e as nosas tradicións ao mesmo tempo supón un elemento dinamizador da vida local e un gran reclamo turístico.