27 dec 2022
Turismo de Galicia pon en valor a calidade do sector turístico galego nunhas xornadas organizadas polo Clúster de Turismo
Nava Castro, participou nunha xornada sobre as boas prácticas na xestión turística
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou xunto ao presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal, nunha xornada sobre as boas prácticas na xestión turística, onde puxo en valor a calidade do sector turístico galego.
Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor o traballo realizado dende o sector turístico galego para que a competitividade e a excelencia formen parte do turismo de éxito de Galicia, grazas a unha oferta sostible e de calidade.
Neste senso, Castro destacou o Plan territorial de sostenibilidade turística de enogastronomía de Galicia, aprobado recentemente na Conferencia Sectorial de Turismo cunha inversión de máis de 34,5 millóns de euros, mediante o cal se pon en valor os territorios vitivinícolas e mellórase a comercialización e a promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega.