A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do Plan de Sustentabilidade Turística Barbanza Arousa. “Viaxe a través da historia dos Sabores”, que forma parte do Plan Terrrtorial de Enogastronomía de Galicia, aprobado recentemente na Conferencia Sectorial de Turismo, a proposta do Goberno galego.
Durante a súa intervención, Castro fixo fincapé na importancia de desenvolver este tipo de accións gracias as cales reivindicamos elementos diferenciáis da nosa tradición e da nosa cultura tan altamente valorados como a enogastronomía e indicou que este Plan conta con 1.500.000 euros.
Neste senso, a directora de Turismo de Galicia salientou tamén as intervencións dentro do Plan de Territorial de Enogastronomía de Galicia referidas ao embelecemento e adecuación dos establecementos de produción enolóxica e alimentaria e das súas contornas para mellorar a imaxe tanto física como dixital dos destinos, potenciando a chegada do AVE a Galicia, así como a mobilidade sustentable, que ten por obxectivo reducir o impacto ambiental dos desprazamentos dos visitantes polo territorio e mellorar a accesibilidade aos lugares de interese dinamizando así a actividade turística.
O Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia, conta con 34,5 millóns de euros, e engloba actuacións en 80 concellos das 4 provincias galegas que teñen como obxectivo a promoción da nosa comunidade como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas do territorio, como a posta en valor dos territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega, a promoción da xestión sostible desde os destinos e a potenciación do territorio enogastronómico galego como un espazo de desenvolvemento turístico cun forte contido na dixitalización e na innovación gastronómica.