07 mar 2023

Rueda pon en valor o esforzo e o traballo colectivo do emprendemento galego para facer de Galicia unha potencia turística

 Salienta o labor levado a cabo nas comarcas de Terra de Celanova e A Baixa Limia para preservar e recuperar o seu patrimonio

 
Inauguración do hotel Acouga.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor o esforzo e o traballo colectivo do emprendemento galego para facer de Galicia unha potencia turística. Asegurouno no acto de inauguración do Acouga Hotel Boutique en Celanova, onde tamén se presentou a revista A Xanela. 

Alfonso Rueda destacou o traballo de recuperación do patrimonio que se levou a cabo coa restauración do edificio histórico no que se construíu o hotel, un labor que equiparou coa recuperación do orgullo dos galegos pola súa terra e co retorno dos que tiveron que emigrar para investir nela, o que está dando como resultado a valorización dos elementos patrimoniais e a súa promoción como recursos turísticos tamén en territorios que carecían desa visibilidade e que o presidente da Xunta cualificou como “xoias por descubrir”. 
 
O titular do Goberno galego destacou o esforzo colectivo das xentes de Terra de Celanova e A Baixa Limia para preservar e recuperar o seu patrimonio non só coa rehabilitación arquitectónica ou a creación de novos atractivos turísticos, senón tamén con iniciativas como a publicación da revista A Xanela, editada en colaboración cos concellos da comarca e que recolle reportaxes do patrimonio cultural, entrevistas, artigos e poemas de autores locais.
Arriba