25 abr 2023

A Xunta salienta a importancia do Camiño de Santiago como pulo para o desenvolvemento económico de Galicia

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega dos Premios Pilgrim a diversas empresas do sector turístico galego

 
Entrega dos premios Pilgrim.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou a importancia do Camiño para a nosa economía como pulo para o desenvolvemento económico de Galicia e concretamente para as empresas do sector turístico.

Nava Castro participou na entrega dos Premios da axencia Pilgrim a organizacións, asociacións e empresas do sector turístico galego, pola súa contribución á excelencia e calidade no seus servizos, no que se refire á peregrinación a Compostela.
 
Durante o acto que tivo lugar na Coruña, Nava Castro fixo fincapé no éxito e as oportunidades que supón para a nosa comunidade contar coa tradición xacobea. Neste senso, destacou os datos máis recentes, que indican que están chegando a Galicia nestes primeiros meses do ano máis peregrinos que o ano pasado.
 
“O Camiño de Santiago consolídase non soamente como parte da nosa cultura, senón tamén como un produto turístico que desestacionaliza e disemina a chegada de turistas a Galicia, favorecendo a loita contra a despoboación e a xeración de postos de traballo”, finalizou Nava Castro.
 
Arriba