08 mai 2023

Nava Castro mantén unha xuntanza cunha delegación de hoteleiros arxentinos que están facendo o Curso de Direccion e Xestión Hotelera no Centro Superior de Hostelería de Galicia

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, agradeceulles aos 55 directivos que elixiran Galicia e o Centro para levar a cabo ese curso

Ademais das clases teóricas no propio o centro, o grupo desprazase a coñecer diversos establecementos turísticos galegos así como visitas guiadas a diferentes puntos de Galicia

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantIvo unha xuntanza cun grupo de directivos de hoteis arxentinos que están facendo o Curso de Dirección e Xestión Hotelera no Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Un total de 55 directivos están facendo o curso nas instalación do Centro dende o pasado 3 de maio ata este sábado. Ademais das clases teóricas que se imparten no propio o centro, o grupo desprazase a coñecer diversos establecementos turísticos galegos así como visitas guiadas a diferentes puntos de Galicia. Ademais de poder coñecer in situ o cultivo do mexillón cunha visita en barco ás bateas da ría de Arousa.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, agradeceulles que elixiran Galicia e o Centro para levar a cabo ese curso.  “Espero que o esteades aproveitando ao máximo e que poidas sacarlle o máximo proveito para o voso traballo diario. Contamos cos mellores profesores, cunhas excelentes instalacións e fóra das dependencias do Centro, como xa puideches ver estes días, temos lugares que sempre te sorprenden pola súa espectacular beleza, as súas paisaxes inmellorables e, por suposto, a nosa excelente gastronomía”, finalizou.

 

 

Arriba