16 mai 2023

Nava Castro destaca a importancia de mellorar e revalorizar o patrimonio turístico e etnográfico de Galicia

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo unha xuntanza co alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, José Francisco Alonso

 
Nava Castro, en Arcos da Condesa.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo unha xuntanza co alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, José Francisco Alonso e posteriormente visitou as melloras levadas a cabo para impulsar e poñer en valor o patrimonio do Camiño de Santiago ao seu paso pola localidade

Segundo explicou Nava Castro, levouse a cabo o proxecto "As Campás do Camiño" co obxectivo de mellorar e revalorizar o patrimonio turístico e etnográfico e o proxecto "Arcos da Condesa: 75 anos no Camiño. Ponte Bonita", para embelecer distintos recursos turísticos e etnográficos desta entidade local.
 
“Dende o Goberno galego potenciamos iniciativas como as que hoxe nos trae aquí para consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da riqueza histórica, cultura, patrimonial e paisaxística da que gozamos en cada recuncho de Galicia”, finalizou a directora de Turismo.
 
Arriba