18 dec 2023

Turismo de Galicia licita por máis de 137.000€ o proxecto de iluminación do cemiterio vello de Mondoñedo

Mondonedo

Turismo de Galicia vén de abrir o proceso de licitación do contrato e instalación de iluminación ambiental exterior do cemiterio vello de Mondoñedo por máis de 137.000€. As actuación enmárcanse no Plan Xacobeo Next Generation posto en marcha pola Xunta de Galicia con fondos europeos para a rehabilitación e mellora de 12 Bens de Interese Cultural de titularidade pública vencellados ao Camiño de Santiago. 

 
A intervención contempla un deseño lumínico moi semellante ao actual con novas luminarias que se situarán na mesma posición que as actuais, pero con melloras enerxéticas. Tamén se realizará o sinalamento da posición dos sepulcros ilustres mediante o uso de uplights.
 
O prazo de presentación das ofertas estará aberto ata o vindeiro 5 de xaneiro e as obras terán un prazo de execución das obras será de 4 meses. 
 
Plan Xacobeo Next Generation
Esta acción enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia está facendo realidade cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. En concreto, forma parte do Plan Xacobeo Next Generation, que inclúe a posta en marcha de distintas liñas de axuda, a sinalización da rede cicloturística Eurovelo ou a rehabilitación de 12 BIC do Camiño de Santiago, entre os que se encontra o casco histórico artístico de Mondoñedo onde se atopa o cemiterio vello.
 
Arriba