15 xan 2024

Xosé Merelles pon de manifesto a capacidade do turismo para dinamizar o rural galego

Cerdedo-Cotobade

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou Cerdedo-Cotobade, onde tivo unha reunión técnica para abordar as necesidades de impulso e mellora dos recursos turísticos do municipio.

Neste sentido, salientou a capacidade da actividade turística para dinamizar económicamente e tamén socialmente o rural galego. Valorou, ademais, o potencial do municipio pontevedrés, especialmente vencellado á súa natureza, patrimonio e valor diferencial.
 
Xosé Merelles puxo de manifesto, ademais, a importancia do acondiconamento paisaxístico da contorna e accesos dos seus principais recursos naturais e tamén a posta en valor da vía mariana a través da sinalización turística.
Arriba