26 feb 2024

A Xunta destaca o papel da Festa da Arribada como reclamo turístico fóra de temporada alta

Prestación Festa Arribada

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participou en Baiona na presentación da nova edición da Festa da Arribada, onde puxo de manifesto a crecente contribución que esta festividade está a ter como reclamo e atractivo turístico fóra de temporada alta. Como explicou, “celebracións como esta ocupan un lugar destacado no modelo turístico da Xunta para afondar nesa desestacionalización na que vimos traballando durante os últimos anos”. 

Neste sentido, recordou que en 2023 déronse pasos importantes “ao ser quen de reducir a estacionalidade con importantes incrementos dun 6% en temporada media e dun 12% en temporada baixa”. Salientou, ademais o papel da Festa da Arribada como unha das 15 de Interese Turístico Internacional e animou a participar nas actividades que se celebrarán do 1 ao 3 de marzo. 
Arriba