26 feb 2024
Rueda destaca a contribución do Gran Camiño coma escaparate turístico de Galicia e para consolidar a comunidade como referente do ciclismo mundial
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou a contribución da proba O Gran Camiño coma escaparate turístico de Galicia e á hora de consolidar a comunidade coma referente do ciclismo mundial.
Rueda, que seguiu parte do percorrido da etapa lucense, lembrou que máis de 120 corredores de todo o mundo danse cita estes días nunha competición que se retransmite a 170 países e que acada millóns de reaccións nas redes sociais. Por iso, asegurou que O Gran Camiño transcende o ámbito deportivo para converterse nunha “oportunidade única” para amosar ao mundo o patrimonio, as paisaxes ou a natureza de Galicia e atraer a máis visitantes cara a comunidade.
O Gran Camiño é unha proba ciclista que percorrerá ata o vindeiro domingo as catro provincias, pasando por lugares emblemáticos coma a Torre de Hércules da Coruña, a Ribeira Sacra, o interior de Ourense ou o Monte Aloia.