10 mar 2024

Turismo de Galicia salienta a contribución da Vía da Prata para afondar na diversificación do Camiño de Santiago

Congreso Vía da Prata

O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, participou  en Córdoba na inauguración do Congreso Camino Mozárabe de Santiago. Facendo Camiño organizado pola Deputación de Córdoba, onde puxo en valor o potencial que ten a Vía da Prata á hora de repartir a chegada de peregrinos polas diferentes rutas xacobeas. 

Na súa intervención salientou que se enmarca no obxectivo da Xunta de Galicia por diversificar o Camiño de Santiago a través do mantemento e conservación de todos os itinerarios e das diferentes liñas estratéxicas incluidas no Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027, a folla de ruta coa que Turismo de Galicia está a preparar a ruta xacobea no horizonte do vindeiro Ano Santo. 
 
No caso concreto da Vía da Prata, Ildefonso de la Campa salientou a súa capacidade de crecemento e o conseguinte beneficio que traerá para os concellos polos que atravesa o itinerario. Apuntou, tamén, á importancia que ten a colaboración entre as distintas comunidades autónomas para reforzar o seu impulso tendo en conta, entre outras cuestións, o peso que nela poden ter grupos específicos de peregrinos como a peregrinación a cabalo ou en bicicleta.  
Arriba