02 mai 2024

O director de Turismo de Galicia salienta a contribución das festas gastronómicas ao impulso turístico do rural galego

O director de Turismo de Galicia na Festa da Filloa de Muimenta

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na inauguración da nova edición da Festa da Filloa de Muimenta, unha das máis de 140 festas de interese turístico de Galicia e das 39 que hai na provincia lucense.  Durante o acto, no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, Xosé Merelles puxo de manifesto a importancia de festividades gastronómicas como esta como atractivo turístico do rural galego.

 

Salientou, ademais, a importancia que a enogastronomía ten na folla de ruta da Xunta de Galicia, a través de varias inicaitivas, entre as que salientou o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística Enogastronomía de Galicia, que inclúe distintos plans turísticos en máis de 80 concellos ao redor dos seus recursos enogastronómicos, así como distintas liñas de axuda para incentivar, por exemplo, a creación de novos establecementos ou mellora dos existentes ao redor dos recursos gastronómicos. Agradeceu, ademais, á organización da Festa da Filloa de Muimenta o seu compromiso cunha festividade das máis afamadas da repostaría tradicional galega. 

 
Arriba