Turismo de Galicia recibe no Obradoiro un grupo de mulleres da Asociación de cancro de mama do Morrazo que realizou a Ruta Traslatio remando en trainera
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiu hoxe na praza do Obradoiro un grupo de participantes na iniciativa Embarca na aventura de vivir impulsada pola S.De Tirán, e a Asociación de Persoas Afectadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico (ADICAM) do Morrazo. As participantes realizaron durante este mes o reto de facer a Ruta Traslatio remando en trainera, como parte da súa recuperación. Comezaron o pasado 7 de setembro en O Grove e remataron hoxe facendo unha andaina na derradeira etapa do Camiño Portugués.