08 nov 2024

A exposición ‘O camiño en viñetas’ anima a peregrinar desde a arte e o humor co apoio da Xunta de Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou  no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, a mostra de Fausto Isorna ‘O Camiño en Viñetas’, que permanecerá aberta ata o 14 de xaneiro de 2025. Durante a súa intervención, o director de Turismo de Galicia enmarcou esta actuación na estratexia de divulgar e promover o camiño desde calquera expresión en xeral, e neste caso, en concreto, artítisca, a ilustración e o humor.

Xosé Merelles subliñou ademais que no que vai de ano máis de 488.000 peregrinos xa percorreron o Camiño, o que supón o 10,42% máis que en todo o 2023. “Estas cifras fannos ser moi optimistas e pensar que pecharemos 2024 cuns rexistros moi importantes”, subliñou.

Referíndose á mostra de viñetas, Xosé Merelles puxo en valor o Camiño como fonte de inspiración para múltiples expresións artísticas entre as que se atopan o cómic e a banda deseñada. Neste caso, a mostrar xira en torno á aventura xacobea de Simón Martel, un personaxe do cómic galego cunha longa traxectoria e protagonista de sete libros.

Neste punto, o director de Turismo de Galicia agradeceu a participación nesta mostra de Gemma Sesar, “que fiou todo a modo de argumento”; de Fausto Isorna “que nos ofrece a súa particular visión do Camiño a modo de ilustración”, e de Pablo Rosendo, Pepe Quintela, Axeitos&Co e Daexga, que participaron no deseño e montaxe da mostra. “Unha forma de animar a viaxar e peregrinar a través da arte, neste caso, da ilustración e o humor”, afirmou

Arriba