16 nov 2024

O Xacobeo recibe a distinción ‘Punteira de ouro’ polo apoio ao deporte como recurso turístico

O director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, recibiu a distinción Punteira de Ouro que outorga o Club de ximnasia rítmica Viravolta, en recoñecemento ao compromiso e apoio que o Xacobeo á promoción do deporte, especialmente a rítmica, como recurso turístico da Comunidade.

A Xunta enmarca a aposta polo deporte e os grandes eventos deportivos dentro da súa estratexia de diversificación da oferta e desestacionalización favorecendo o fluxo de visitantes ao longo de todo o ano. Ademais, inclúe esta citas dentro da proxección do turismo urbano, animando así a coñecer a oferta das distintas cidades galegas, neste caso a de Santiago de Compostela.

Neste sentido, o Xacobeo de Ximnasia Rítmica que  se celebra no Multiusos Fontes do Sar e que engloba o iII Torneo Internacional e a Gala Viravolta Jael, únese á oferta de ocio da cidade de Santiago. Un total de 800 atletas chegadas de Galicia e España competiron ao longo das dúas xornadas nas distintas categorías.

Ademais, ximnastas do ámbito internacional como Daria Varfolomeev (Alemaña), medalla de ouro nas Olimpíadas de París deste ano, xunto con Boryana Kaley (Bulgaria), Margarita Kolosov (Alemania), Ekaterina Vedeneeva (Eslovenia) y Giorgia Galli (Italia), tamén olímpicas, participaron na Gala. A selección española de rítmica, concretamente, o conxunto senior, fixo unha exhibición xunto con outras ximnastas da talla de Polina Berezina, Alba Bautista, Daniela Pico, Lucía González o Cristina Korniychuk.

Arriba