Xosé Merelles visita o Belén de Valga e aposta por potenciar o valor turístico da oferta do destino nestas datas
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na inauguración do Belén Artesanal en Movemento de Valga onde salientou a espectacularidade e a complexidade dunha montaxe que se traduce nunha mostra de gran contido e atractivo turístico. Neste sentido, animou aos galegos e visitantes da Comunidade a facer un percorrido polos distintos beléns das catro provincias e outras propostas coma mercados ou citas musicais e culturais e apostou por convertelos en atractivos turísticos nestes meses, contribuíndo así á desestacionalización do destino.
O director de Turismo de Galicia salientou que a Comunidade galega ten toda una serie de citas nestas datas que se recollen na proposta turística ‘Nadal en Galicia’, cunha oferta nas catro provincias para coñecer o destino e aproveitar o seu potencial turístico. Estará dispoñible proximamente na páxina web de Turismo de Galicia.
O Belén Artesanal de Valga, de interese turístico caracterízase por incorporar elementos da actualidade, con escenas locais da zona e personaxes ilustres do municipio, de Galicia e do resto de España, gran parte das pezas deste belén están en movemento. Está composto por 4.000 figuras que se reparten nun espazo de 400 metros cadrados. Estará aberto ao público ata o 12 de xaneiro con apertura todos os días da semana.