07 dec 2024

Un documental da TV polaca anima a facer o Camiño que rexistra un incremento do 35% de peregrinos dese país

O director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa, participou en Varsovia na presentación dun documental sobre o Camiño de Santiago producido pola televisión polaca, que contou co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.

No que vai de ano, xa fixeron o Camiño de Santiago un total de 7.464 peregrinos polacos, un 35,07% máis que en todo 2023, o que constata o interese que esperta a ruta xacobea no mercado polaco.

A reportaxe narra a experiencia dun peregrino polaco con discapacidade física que fai o Camiño conversando con outros viaxeiros de diferentes nacionalidades sobre as motivacións que os levaron a realizalo.

Arriba