13 dec 2024

A Xunta trae a Ferrol estas festas o espazo ‘Nadalia’ que acolle desde hoxe a Fábrica de Papá Noel

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participaron na inauguración do espazo Nadalia, unha nova proposta dentro da programación navideña do Concello de Ferrol que conta co apoio de Turismo de Galicia e que albergará diferentes actividades de ocio e espectáculos para toda a familia durante estas festas.

Este espazo de máis de 500 metros cadrados situado no Cantón de Molíns, acollerá ata o 24 de decembro a Fábrica de Papá Noel, unha actividade gratuíta que introducirá aos máis pequenos no mundo máxico de Papá Noel e os seus elfos a través de cinco espazos  temáticos como a oficina postal, a fábrica de agasallos ou a cabana na que os nenos poderán coñecer en persoa a Santa e recibir das súas mans o carné de trasgo.

Trátase dunha actividade gratuíta con aforo limitado polo que é precisa a inscrición previa a través da web nadalia.es. Cada visita terá una duración aproximada de 25 minutos e é preciso que os nenos vaian acompañados dun adulto.

A través do programa Nadal en Galicia -pode consultarse a guía na web de Turismo de Galicia- a Xunta “promove un ano máis unha programación ampla e variada inspirada nos elementos tradicionais destas datas na procura de seguir traballando na desestacionalización da oferta e conseguir así un nivel de ocupación e visitas homoxéneo durante todo o ano”, destacou a delegada territorial.

Arriba