12 xan 2025

Xosé Merelles e Ana Méndez presencian o partido SD Compostela-CD Numancia patrocinado por Galicia Calidade

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, presenciaron o partido SD Compostela-CD Numancia, patrocinado por Galicia Calidade, que supón o inicio da segunda volta da liga 2024-2025.

Xosé Merelles valorou a importancia da cita entre o SD Compostela, que contabilizou varias xornadas sen perder a comezos da tempada, ante un dos favoritos como é o CD Numancia que compite polo ascenso directo de categoría. Galicia Calidade leva xa tres anos patrocinando a equipación de adestramento do equipo e nesta ocasión, tamén este partido, que espertou moita expectación entre a afección.

Arriba